Partido Popular de Lugo

Castiñeira di a Cajoto: “Cando algo está ben, como é o caso da Residencia, simplemente hai que deixalo como está”

  • Os populares din que “Cajoto coas súas declaracións e a súa actitude despreza a toda aquela xente que participamos durante varios anos na construción e posta en servizo da Residencia de Foz; tamén aos que levan traballando por ese bo servizo nestes últimos anos”
  • Os populares insisten en que “se o señor Cajoto pasa a Residencia á Xunta de Galicia, as listas de espera serán listas de espera autonómicas e os contratos para as concesións levaranse dende Santiago e non dende Foz”
  • De saír a diante a pretensión do alcalde, “perderíase a prioridade  dos veciños de Foz para entrar na Residencia e os traballadores actuais non poderán seguir coa mesma concesionaria”
  • No PP poñen de manifesto “as trampas do señor Cajoto”, que “intentou colar nun pleno, no que ía  a renovación da concesión, a cesión á Xunta de Galicia; o único que conseguiu foi crispar”

Foz, 22 de abril de 2022. O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, non acaba de entender que a realidade é a que é independentemente de que lle guste máis ou menos. No caso da Residencia da terceira idade, Cajoto intenta pintar a realidade como mellor lle parece da maneira máis prepotente. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Cajoto coas súas declaracións e a súa actitude despreza a toda aquela xente que participamos durante varios anos na construción e posta en servizo da Residencia de Foz; tamén aos que levan traballando por ese bo servizo nestes últimos anos, especialmente  en momentos difíciles,  como os provocados pola covid. Cando algo está ben non hai que cambialo, simplemente hai que intentar deixalo como está, como no caso da Residencia de Foz”.

Castiñeira declara: “Se o señor Cajoto pasa a Residencia á Xunta de Galicia, as listas de espera serán listas de espera autonómicas e os contratos para as concesións levaranse dende Santiago e non dende Foz; polo tanto, perderíase a prioridade  dos veciños de Foz para entrar na Residencia e os traballadores actuais non poderán seguir coa mesma concesionaria”.

Os populares piden ao alcalde “que recapacite e que non actúe de maneira prepotente, que conte  coa xente de Foz, cos colectivos que loitaron para que o municipio teña este servizo de primeira; non entendemos esa forma de falar e de desprezar á residencia, cando noutro concello próximo, o de Ribadeo, que ten unha residencia, que fixo a Deputación de Lugo, similar a de Foz, o alcalde non se queixa do tamaño nin do servizo”.

Parece cre que “ao señor Cajoto non lle gusta  que esta residencia de Foz fora xestionada polo PP; cremos que é un dos motivos, porque non entenderiamos que fora solo por aforrar cartos en axudas, en aforrar nunha Residencia que é de  Foz e, polo tanto, o Concello de Foz debe seguir participando”.

O portavoz popular sinala: “Esperamos que recapacite o señor Cajoto, que non bote a culpa aos demais, como fixo cos hostaleiros e os xubilados, e como fai con cantidade  de persoas que petan a súa porta, que a pecha por non querer xestionar nada”. Engade: “Vemos que todo o que non vai  na súa idea trata incluso de desprestixialo. O PP sempre lle dixo ao señor Cajoto nestes tres anos que non ceda a residencia á Xunta”. Destaca que “as trampas do señor Cajoto”, que “intentou colar nun pleno, no que ía  a renovación da concesión, a cesión á Xunta de Galicia; o único que conseguiu foi crispar”.

                                                                                                                 Gabinete de Comunicación