- A xuntanza serviu para deseñar “as liñas básicas de traballo” centradas en varias comisións “abertas a veciños e afiliados e participativas”.
- Os populares continuarán a desenvolver reunións con entidades asociativas co obxectivo de “estar ao pé dos monfortinos”.
Monforte de Lemos, 9 de abril de 2022. O PP de Monforte da a coñecer as responsabilidades das persoas que constitúen a executiva local da formación despois da súa primeira reunión tralo congreso local no que os afiliados depositaron en Katy Varela a súa confianza para dirixir a formación na cidade do Cabe.
O PP de Monforte contará con Víctor Manuel Rodríguez López como vicepresidente, José Luís Rodríguez Varela como secretario xeral e con Emilio Iván Vázquez Rodríguez como secretario de organización.
Foron designadas tamén as persoas que presidirán as distintas comisións relacionadas con diversos ámbitos de actuación. María Carmen Pérez Álvarez presidirá a comisión de Educación e Cultura; Lorena López López, a de Política Social e Igualdade; José Manuel Rodríguez Gómez, a de Afiliación e Participación; Ramón Sánchez Pérez a de Deportes; Fernando Olmo García, a de Tráfico e Axenda Urbana; Jaime Antonio Domínguez Pereira, a de Urbanismo; Jaime López Álvarez, a de Sanidade; Manuel López Casas, a de Obras e Parques; José Manuel Rodríguez González, a de Turismo; Emilio Iván Vázquez Rodríguez, a de Medio Rural; José Luís Rodríguez Varela, a de Empresa e Comercio; e Milagros Fernández Rodríguez; a de Asociacións Veciñais.
A presidenta do PP monfortino, Katy Varela, asegura ter “boas sensacións” tras esta primeira reunión na que se estableceron “as liñas básicas de traballo dos membros da executiva. O que queremos é conformar comisións abertas e participativas das que formen parte afiliados, veciños e mesmo distintos membros da executiva local. O noso é un proxecto aberto a todos os que queiran traballar por Monforte”.
De forma paralela ao traballo das comisións centradas en cada un dos sectores de interese para Monforte, continuarán a desenvolverse reunións con entidades asociativas co obxectivo de “estar ao pé dos monfortinos para coñecer a súa realidade e desenvolver as accións que estean nas nosas mans para solucionar os seus problemas”.
Como xa explicara durante o seu discurso tras ser elixida presidenta do PP monfortino, Katy Varela, lembra que “o noso fin é achegar os cidadáns á vida democrática e velar polos seus intereses”. Nese sentido, reitera o seu compromiso de “traballo, entrega e xestión”.