- A presidenta provincial presentou o novo portal de comunicación da formación popular, acompañada da CEO de Pekecha –empresa encargada da súa creación-, Verónica Ramallal, e doutros cargos do Partido.
- “Os valores que representa o presidente Feijóo son traballo, cercanía e xestión; os mesmos valores, dixo Candia, que intentamos transmitir con esta iniciativa que abrimos hoxe á sociedade lucense”.
- No marco do traballo do Partido neste primeiro trimestre, destacou que 19 agrupacións locais xa renovaron a súa estrutura, e adiantou que, despois da Semana Santa, Chantada tamén elixirá nova directiva. Ademais, constituíronse dúas xestoras: Sarria e A Pastoriza.
- “Creamos importantes grupos de traballo de cara á municipais, que suman medio millar de persoas; estruturas fortes para presentar alternativas gañadoras. Somos un Partido que está medrando. A sociedade lucense nos mira con expectativas e con miras de recuperar gobernos e tamén a Deputación”, destacou.
- A este respecto, Elena Candia defendeu a importancia do cambio no organismo provincial. “Dos 7 días que ten a semana, Tomé dedícalle 4 a Monforte. Temos matematicamente unha Deputación sen presidente. Non o di Elena Candia nin o PP, senón o propio presidente”, sinalou.
Lugo, 7 de abril de 2022. O PP intensifica a proximidade cos lucenses cunha web máis dinámica e interactiva, na que incorpora o chat do cidadán, a través do que calquera persoa pode enviar a súas propostas ou queixas, e así acertar mellor nas decisións e na liña de actuación da formación de caras ás eleccións de 2023.
Tal e como informou a presidenta provincial, Elena Candia, será o vicesecretario de Fomento, Afiliación e Programas, José Manuel López Rodríguez, o que se encargue de canalizar todas as mensaxes de WhatsApp de xeito que a resposta sexa o máis inmediata e precisa posible.
Os populares elixiron o día de hoxe para a presentación e activación do novo portal porque “España comezou a pasada fin de semana unha nova etapa”. “Os valores que representa o presidente Feijóo son traballo, cercanía e xestión; os mesmos valores, dixo, que intentamos transmitir con esta iniciativa que abrimos hoxe á sociedade lucense”, destacou ao tempo que remarcou que “o que intentamos cada día que isto sexa a nosa carta de presentación para convencer aos nosos veciños e veciñas desta provincia”. Tal é así que se referiu ao presidente do Partido Popular como “o mellor arquitecto para construír unha alternativa a un Pedro Sánchez , que non está á altura das circunstancias, e que ata fixo bo a Zapatero”, sentenciou.
“Facer provincia”
Na nova páxina está representada toda a estrutura do Partido pero tamén todas aquelas liñas de actuación “nas que traballamos para mellorar a nosa provincia”; de aí que o formato elixido para facer pública a páxina www.ppdelugo.es fose un almorzo informativo con produtos “que nos representan como lucenses; en definitiva, como provincia”.
Precisamente, neste traballo de facer provincia, destacou que 19 agrupacións municipais xa renovaron a súa estrutura -Ribadeo, Viveiro, Burela, Vilalba, Monforte de Lemos, O Incio, Páramo, Guntín, Friol, Sober, Portomarín, O Corgo, A Fonsagrada, Baleira, Muras, Rábade, Monterroso, Trabada e Baralla-, e adiantou que, despois da Semana Santa, se retomará a programación que se viu paralizada debido á convocatoria do Congreso Nacional. Neste senso, adiantou que Chantada será a próxima agrupación que elixirá nova directiva. Ademais, constituíronse dúas xestoras: Sarria e A Pastoriza. “Isto implica que creamos importantes grupos de traballo de cara á municipais e que suman medio millar de persoas; estruturas fortes para presentar alternativas gañadoras nas municipais. Somos un Partido que está medrando. A sociedade lucense nos mira con expectativas e con miras de recuperar gobernos e tamén a Deputación”. A este respecto, Elena Candia defendeu a importancia do cambio no organismo provincial. “Dos 7 días que ten a semana, Tomé dedícalle 4 a Monforte. Temos matematicamente unha Deputación sen presidente. Non o di Elena Candia nin o PP, senón o propio presidente”, detallou.
Características da nova web
O desenvolvemento da nova páxina é o de web responsive e totalmente adaptada a todos os dispositivos (móbiles, tabletas, ordenadores…). Para a súa creación empregouse o CMS WordPress, debido a que é moi amigable cos motores de busca e isto facilita o seu posicionamento en Google. Mantense en todo momento a imaxe corporativa, respectando as cores e tipografías oficiais. O backend de WordPress, así como o editor visual empregado (Elementor) facilita a xestión de contidos das persoas que se encarguen dos contidos web. É, por tanto, unha páxina dinámica, interactiva, escalable e aberta a novas funcionalidades.
Elena Candia estivo acompañada da CEO de Pekecha –empresa creadora do portal-, ademais de por outros cargos orgánicos como o secretario xeral, Javier Nodal, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, o voceiro do Grupo Provincial, Javier Castiñeira, o vicevoceiro do Grupo Provincial Óscar Poy, e o voceiro e vicevoceiro do Grupo Municipal de Lugo, Ramón Carballo e Antonio Ameijide, respectivamente.