Na mañá de hoxe desenvolveuse na Delegación Territorial da Xunta un acto informativo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para informar das axudas que para vivenda ofrece á Xunta. A información correu a cargo da conselleira, Ángeles Vázquez, e do director xeral do IGVS, Heriberto García Porto, así como do delegado territorial, Javier Arias. A presidenta provincial do PP, Elena Candia puxo en valor tanto as axudas en si mesmas como á importancia deste tipo de actos, como exercicio de transparencia, proximidade e de información á cidadanía por parte da Administración autonómica. Lembra que Vivenda abriu novos canais, tanto presenciais (unha oficina) como telefónico para informar aos cidadáns.
Elena Candia sinalou: “Hoxe quixen acompañar á conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez, que fixo un acto de presentación das múltiples axudas que a súa consellería ten para acceder á vivenda e para rehabilitar vivendas. Moitas delas con importantes cuantías para concellos de menos de 10.000 e para cascos históricos, moitos deles na nosa provincia”.
A líder dos populares lucenses destacou que “este acto cumpre o obxectivo que pedimos sempre dende o PP de Lugo: acercar o goberno á cidadanía, que se informe de maneira detallada, anticipada de toda a liña de axudas á que poden acceder os veciños e veciñas da nosa provincia”.
Candia anuncia que os populares “seguiremos traballando nesa dirección, porque a proximidade segue a ser un dos principais valores do goberno galego e nós temos que axudar a que sexa así”.