Partido Popular de Lugo

O PP de Foz insta ao alcalde a reparar os desperfectos das recentes obras levadas a cabo no talude do entorno do campo de fútbol de Malates

A calidade das obras reflicte ben a calidade dos gobernantes que as deciden. No caso de Foz, unha e outra vez queda de manifesto que as obras que promove o equipo presidido polo socialista Fran Cajoto non son un exemplo de esmero na vixilancia da súa execución. Así o sinala a concelleira popular Verónica Soto, que demanda do goberno local que faga corrixir as deficiencias detectadas nas obras no entorno do campo de fútbol de Malates.

 

Soto sinala: “Unha vez máis temos que denunciar as chapuzas do señor Cajoto. Neste caso as obras que se fixeron na área de Deportes, que goberna o BNG, concretamente na zona de Malates. Fixéronse varias obras a cargo da Deputación de Lugo, unha delas para colocar unha malla antivexetación no talude e aos poucos días xa está totalmente descolocada”.

 

A mesma concelleira asegura que “dá unha imaxe moi mala, de que as obras nin se fan correctamente nin son debidamente vixiadas polo equipo de goberno. O peor de todo é que se gastan cartos e non son eficaces”. Os populares, á vista da situación, piden “ao equipo de goberno que canto antes adopte as medidas necesarias para arranxar as deficiencias”.

 

Verónica Soto di: “Esta serie de obras tampouco convence especialmente á comunidade de usuarios do campo de fútbol de Malates, que se queixou, e así o trasladamos nun pleno. O equipo de goberno quería semillar nun dos laterais céspede, que probablemente necesitará mantemento e acabará descoidado, e despois podería semillar parte do campo artificial”.

 

Os populares apuntan que “aínda que os cartos sexan doutra institución, solicitamos ao alcalde que os administre ben, que non faga chapuzas e que canto antes repare os desperfectos que hai e que non debería haber”.