Partido Popular de Lugo

Katy Varela: “O bono turístico da Xunta supuxo unha inxección de máis de 52.000 euros para Monforte de Lemos no 2021”

A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos, Katy Varela, puxo en valor a inxección de máis de 52.000 euros para o municipio que supuxo o bono turístico da Xunta o pasado ano 2021. A popular explica que foron gastados en Monforte un total de 52.275,14 euros co bono #QuedamosenGalicia2021 do que se viron beneficiados  establecementos de aloxamento e axencias de viaxe.

 

Varela expón que “o sector turístico é un dos máis afectados polas consecuencias da pandemia da covid-19 e para minimizar o seu impacto, a Xunta puxo en marcha esta iniciativa para dinamizar o sector”. Ante a convocatoria dunha nova edición do bono turístico #QuedamosenGalicia2022, a popular considera que se trata dunha “boa nova para todo o sector turístico monfortino e tamén para o sector servizos en xeral no que repercuten as actividades dos que nos visitan”.

 

A voceira popular defende, neste sentido, que “o noso municipio conta con numerosos atractivos e, ademais, sitúase na Ribeira Sacra sendo a capital de Lemos”. Así, convida aos galegos a acollerse a esta iniciativa da Xunta e visitar Monforte. 

Inscricións para o Bono Turístico 2022
Xa está aberto o prazo para a inscrición de establecementos de aloxamento e axencias de viaxe interesadas en participar nesta edición do bono turístico #QuedamosenGalicia2022.

 

Máis adiante, tamén poderán solicitar o seu bono as persoas interesadas nalgún dos tres bonos ofertados: 250 euros, 375 euros ou 500 euros. A Xunta aboa o 40% dos servizos consumidos e os particulares, o 60% restante que corresponda ao importe escollido.