Partido Popular de Lugo

Daniel Vega destaca que “o bono turístico da Xunta supuxo no 2021 un reforzo económico de máis de 80.000 euros para os hoteis de Ribadeo”

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca que “o bono turístico da Xunta de Galicia supuxo un reforzo económico de 81.836 euros no ano 2021 para os hoteis de Ribadeo”.

 

É por iso polo que, ante unha nova edición desta iniciativa, o popular convida aos hoteis ribadenses a volver inscribirse. Así mesmo, anima a participar a tódalas persoas interesadas en visitar Ribadeo; xa que “terán que pagar só unha porcentaxe do seu aloxamento porque o restante o paga a Xunta de Galicia. O bono turístico é unha achega para os que queiran visitar Ribadeo, pero tamén unha axuda ao sector”, manifesta.

 

Vega explica que “Ribadeo é un concello turístico” e, polo tanto, “o turismo é un dos sectores máis importantes para a nosa vila”. Nese sentido, destaca este tipo de iniciativas que permiten reforzar o turismo e que tivo un “impacto tan importante” para os hoteis de Ribadeo “nun momento tan complexo debido á pandemia”.

 

O popular defende que “temos que apoiar a todos os nosos sectores para reforzar a estrutura económica de Ribadeo” e, polo tanto, cre que “todos debemos axudar, asesorar, colaborar e buscar solucións”.