O actual alcalde de O Corgo, Felipe Labrada, vén de converterse no novo presidente da agrupación popular da localidade. A presidenta provincial, Elena Candia, presidiu o congreso local celebrado nas últimas horas e no que tamén foi nomeado presidente de honra o seu predecesor no cargo, José Antonio Ferreiro González.
A executiva está formada ademais por Marcos Trashorras Reija, secretario Xeral e vicesecretario de Medio Ambiente; María de Mar Gómez Gómez, vicesecretaria de Educación e Infancia; María Jesús Álvarez Fole, vicesecretario de Cultura e Igualdade; José Luis Fernández López, vicesecretario de Asuntos Sociais; David Rodríguez Loureiro, vicesecretario de Emprego e Xuventude; e Pedro Fernández Reija, vicesecretario de Medio Rural e Sanidade.
No transcurso do encontro, Felipe Labrada trasladou o seu compromiso para “seguir traballando e acadar de novo o vindeiro ano a confianza dos veciños e gobernar con maioría absoluta”.
Neste senso, a presidenta provincial agradeceu ao novo presidente “a súa entrega e vontade de servizo público”. Elena Candia tamén tivo palabras de loubanza para o resto de compañeiros que integran a nova executiva, xa que supón, dixo, “un gran xesto de xenerosidade”.
“Neste Partido todos sumamos, polo que é unha satisfacción ver que nas agrupacións temos homes e mulleres comprometidos”. É, por este motivo, polo que a dirixente provincial lles trasladou todo o apoio da dirección para acadar os obxectivos que se propoñan.
Ademais de Elena Candia, o cónclave contou coa participación do Coordinador Xeral, José Manuel Balseiro Orol, dos Secretarios Xeral e de Organización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado, respectivamente; ademais doutros cargos orgánicos do Partido.