#EspazoPopularAberto trae a Lugo ao prestixioso economista Daniel Lacalle. Deste xeito, a sede do PP, no marco da iniciativa creada polos populares para abrir a formación á sociedade lucense e á participación cidadá, acollerá o vindeiro martes, día 8 de marzo, ás 18:00 horas, a presentación do seu último libro Libertad o Igualdad. Por qué el desarrollo del capitalismo social es la única solución a los retos del nuevo milenio.
Dende a dirección provincial convidan a todas as persoas interesadas en escoitar a este especialista en economía, convencidos de que a súa aportación e esta programación de iniciativas, son unha nova forma de entender a utilidade dos partidos políticos para a cidadanía, baseada en ser o nexo de unión co tecido económico, cultura, social, cultural, deportivo ou educativo e universitario.
O 5º do mundo
Daniel Lacalle é Doutor en Economía, Economista Xefe de Tressis S.V, profesor de Economía Global na IE e IEB e xestor de fondos de inversión. A presidenta provincial, Elena Candia, agradece publicamente “que atendese a nosa chamada e que nos traslade a súa experiencia nunha materia que cobra especial interese nestes momentos, sobre todo, coa convocatoria dos Fondos Next Generation, e nunha etapa económica tan complicada, no que a inflación está a superar límites inesperados e na que aínda non superamos os efectos da pandemia”.
Licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade Autónoma de Madrid e Doutor Cum Laude pola Universidade Católica de Valencia, posúe o título de analista financieiro CIIA e un posgrao polo IESE, da Universidade de Navarra, ademais de ser o presidente do Instituto Mises Hispano e membro do Consello Asesor da Fundación Rafael del Pino e de ORFIN. A súa carreira en xestión de carteiras e inversión comezou no hedge fund Citadel e continuou no Ecofin Ltd. e no PIMCO, en Estados Unidos e Londres.
Aparece no número 5 do ranking dos economistas máis influíntes do mundo segundo Ritchtopia 2020. Foi votado durante cinco anos consecutivos entre os tres mellores xestores do Extel Survey, o ranking de Thompson Reuters nas categorías de estratexia xeral, petróleo e eléctricas.
Daniel Lacalle escribe unha columna semanal en El Español, e colabora mensualmente na CNBC e Bloomberg TV, ademais de en Antena 3, Cuatro, Telecinco, BBN Times, World Economic Forum, Hedge Eye, Epoch Times e Mises Wire, entre outros.
Autor de libros sobre economía traducidos a varios idiomas, entre eles: “Nosotros los mercados”, “Viaje a la libertar económica”, “La gran trampa” e, o último deles, o que presenta en Lugo "Libertad o Igualdad” (Deusto 2020); destaca tamén pola súa actividade en redes sociais: Twitter (español): @delacalle; Twitter (inglés): @dlacalle_IA; Facebook: @DanielLacalle; Linkedln: Daniel Lacalle; e Instagram: lacalledaniel.
Dada a repercusión do encontro, a xornada será retransmitida en streaming a través da páxina de Facebook do PP Provincial.