Partido Popular de Lugo

Elena Candia, membro da comisión de Medio Rural do PPdeG; área de traballo con especial relevancia na provincia

Lugo, 28 de febreiro de 2022. Outros 17 representantes do PP na provincia veñen de ser integrados na tres últimas comisións constituídas polo PP de Galicia. Trátase das de Medio Rural, Igualdade e Sanidade, que se suman ás de Medio Ambiente e Benestar Social creadas recentemente. 

 

Deste xeito, a presidenta provincial, Elena Candia, xunto a Eloy Pérez Sindín (voceiro do PP en Monterroso e propietario dunha xestoría agraria), Rafael Pérez Prados (concelleiro popular en Lugo e veterinario de profesión), e os deputados autonómicos e membros da Comisión Parlamentaria desta área, Raquel Arias e Daniel Vega, veñen de ser integrados na de Medio Rural. O obxectivo, indica a presidenta, “é seguir traballando para impulsar a provincia e por en valor os recursos que ofrece o rural, profesionalizándoo e facéndoo rendible economicamente”. 

 

A Comisión de Igualdade inclúe a outros seis lucenses: Susana López Abella (Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia), Rosa Arza (senadora por Lugo), Katy Varela (voceira do PP en Monforte de Lemos), Mar Carballas (concelleira en Lugo), Eugenia Vizcaíno (Coordinadora xeral de Novas Xeracións de Galicia e vicepresidenta de NNXX Lugo cidade. Membro da Xunta directiva do PP de Galicia) e Óscar Poy (deputado provincial do Partido Popular e concelleiro en Lugo).  

 

Finalmente, na de Sanidade, integráronse: Encarna Amigo (deputada autonómica e membro da Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia), Isabel Castro (enfermeira xubilada do hospital de Monforte), Agustina Fernández (farmacéutica no centro de saúde de Vilalba), Fátima Rodríguez (avogada), Cristian Martín Vázquez (matrón), Sofía López Linares (médico de Atención Primaria no centro de saúde Illas Canarias de Lugo). 

 

Lugo, representada por 25 cargos 

O PPdeG continúa así, dende os distintos órganos do partido, consolidando o proxecto “que máis se parece a Galicia”. Ademais destas tres comisións indicadas, en días pasados configuraron outras dúas, as de Medio Ambiente e de Benestar Social. En todas elas, a provincia de Lugo está representada por un total de 25 cargos orgánicos lucenses.