Partido Popular de Lugo

O PP de Viveiro faise eco das numerosas queixas dos veciños de Xunqueira e esixe á María Loureiro que preste máis atención a este barrio, que se sinte esquecido polo Concello

Os veciños de Xunqueira séntense esquecidos polo goberno local, presidido pola alcaldesa María Loureiro (PSOE). Así o expuxeron os directivos da asociación de veciños deste barrio de Viveiro na reunión que mantiveron co portavoz popular, Óscar Rodríguez, e outros representantes do PP. Dende o urbanismo ao aseo urbano, nada do que depende do Concello funciona debidamente en Xunqueira. Rodríguez di: “No PP esiximos ao goberno municipal que tome nota das queixas dos veciños, abandone a zona de confort na que está instalado e poña mans a obra de atender as necesidades desta parte de Viveiro”.

 

Os populares anuncian que desenvolverán iniciativas para comprobar en que momento está o plan especial de protección e reforma interior (Pepri) aprobado no seu día para Xunqueira. Os representantes da asociación de veciños din que dende que foi aprobado este plan, nada se fixo para desenvolvelo, pese a importancia que debera ter para a debida organización deste barrio, así como para a xestión de axudas a rehabilitación de edificios.

 

O portavoz popular faise eco doutra das queixas dos veciños, porque considera que pon de manifesto unha carencia especialmente grave. Segundo os veciños, por Xunqueira non pasa a servizo de limpeza de rúas, o polo menos non teñen constancia de que se preste tal servizo.

 

Outra das queixas expostas pola asociación veciñal e recollidas polos populares, segundo explica Rodríguez, é a que fai referencia á total falta de atención ao Camiño Real.

 

A reunión coa asociación de veciños de Xunqueira enmárcase, sinala Óscar Rodríguez, “nos contactos continuos que mantemos cos veciños de todo o municipio, no exercizo da escoita activa que o PP fai para coñecer de primeira man os problemas e buscar solucións”.