Tito Suárez, responsable de deportes dos populares ribadenses, sinala que “o abandono da pista polideportiva de Rinlo é unha mostra da deixadez deste goberno local do BNG” en materia de infraestruturas deportivas.
O popular advirte que “o goberno local do BNG nin invirte nin traballa polo deporte da vila. Máis ben todo o contrario: abandona ás entidades que son as que ao final traballan para a nosa mocidade e para integrala no deporte”.
Tito Suárez explica que “fai días falabamos do mal estado no que se atopa o campo de fútbol e os aledaños do campo municipal Pepe Barrera e denunciabamos tamén o abandono que sufre o pavillón polideportivo municipal da rúa Alfredo Deaño”. A ese respecto, “seguimos esperando a que este goberno nos dea unha explicacións aos ribadenses ante esta falta de coidado e mantemento das infraestrutura deportivas”, indica.
“Agora vemos que no rural tampouco actúan”, engade. En relación á pista polideportiva de Rinlo pregúntanse “se foi construída para mantela en ruínas, como está agora”.
O popular asegura que “o goberno está a outras cousas, non sabemos a cales; pero, claramente, ao deporte non”, conclúe.