A presidenta provincial do PP, Elena Candia, destaca a presenza de oito mulleres e homes da provincia de Lugo nas comisións de Benestar Social e Medio Ambiente do PPdeG, “dúas importantes áreas de traballo do proxecto político do Partido Popular e especialmente relevantes para a nosa provincia”.
A comisión de Benestar Social foi constituída co obxectivo de traballar para perfeccionar os servizos públicos e mellorar a calidade de vida das persoas e conta con persoas vencelladas aos servizos sociais e con responsabilidades na política urbana e rural. Así, son cinco os lucenses integrados nesta comisión: Manuela López Besteiro, conselleira de Familia, Muller e Xuventude entre 1993 e 2002; Luis Pardo Fernández, director do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria e presidente da xestora do PP local; Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel e deputada provincial; Águeda Valín Armas, directora da residencia de maiores As Gándaras de Lugo; e Cristina Abades, concelleira do PP en Lugo.
A comisión de Medio Ambiente, pola súa banda, inclúe a tres lucenses “comprometidos co territorio” para seguir apostando e traballando por unha Galicia verde e un desenvolvemento sostible. Trátase de Manuel Rouco, portavoz do Grupo Municipal Popular de Burela e presidente da agrupación local; Eugenia Requeijo, portavoz en Muras onde tamén preside a agrupación local e Elena Sierra, concelleira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo.
O Partido Popular da provincia de Lugo continúa a traballar, dende os distintos órganos do partido, “construír un proxecto que sexa un fiel reflexo da sociedade da nosa provincia e para iso é imprescindible escoitar aos lucenses”. Nesa liña, “seguiremos traballando na defensa dos intereses dos nosos veciños, do progreso da nosa provincia e na procura do benestar dos lucenses”.