Partido Popular de Lugo

Os senadores lucenses piden ao Goberno o arranxo urxente da N-120 e reactivar a A-76, co fin de garantir a seguridade dos usuarios

Os senadores lucenses piden ao Goberno o arranxo urxente da N-120 e reactivar a A-76. Os populares levan este asunto á Cámara Alta debido a que, no caso da nacional, “supón un perigo constante”. Din textualmente na moción: “La N-120 es una carretera nacional que recorre el norte de la península, partiendo desde Logroño y finalizando en Vigo, y atravesando localidades de La Rioja, Castilla y León y Galicia. Pero el estado de esta vía en algunos puntos de la comunidad autónoma gallega, concretamente a su paso por la provincia de Lugo, deja mucho que desear en cuanto a seguridad. Así, a su paso por la provincia de Lugo, la carretera nacional N-120 muestra notables carencias que es preciso subsanar a la mayor brevedad, tanto en cuanto afectan a la seguridad e incluso a la vida de los usuarios de esta carretera”.

 

Inseguridade, perigo e accidentes

Tal é así que os accidentes mortais nesta vía son continuos. O último tivo lugar en decembro do 2020, cando unha moza de 24 anos perdeu a vida ao chocar contra a mediana da estrada, moi preto da desembocadura do río Lor, no municipio de Quiroga. Ese mesmo ano, en outubro, tamén faleceu un camioneiro, á altura do municipio de Ribas de Sil e, en novembro de 2021, un accidente rexeistrado á altura de Sober saldouse con 8 feridos de diversa consideración.

 

Igualmente, os 14 quilómetros da N-120 que discorren entre Pantón e Nogueira de Ramuín, ambos na provincia de Lugo, figuraron no ano 2017 como el tramo más perigoso da rede de estradas del Estado. Non obstante, e malia que en 2020 este treito non foi incluído no informe anual sobre sinistralidade viaria do Real Automóbil Club de España (RACE), a realidade é que a única medida de seguridade aplicada polo ministerio de Fomento nos últimos nos foi a prohibición de adiantar nos poucos puntos do tramo que tiñan línea discontinua e, sen embargo, o estado do firme segue provocando inseguridade, tal e como denuncian os veciños, transportistas e demais usuarios.

 

Por outra banda, á altura do viaduto de Soldón, en Quiroga, o pavimento está tan deteriorado que non só os coches circulan pola estrada deben reducir notablemente a velocidade por motivos de seguridade, senón que, a choiva de grava que cae dende a nacional impacta sobre os vehículos estacionados ao pé do viaduto, chega a rachar os cristais dos vehículos.

 

Ademais, o treito que discorre entre Monforte e Ourense, de apenas 46 quilómetros, pode levar ata unha hora de tempo debido a que entre Os Peares e a capital ourensá hai unha liña continua que pode chegar a retrasar o traxecto entre 20 e 25 minutos. Esta situación afecta tamén ás comunicacións co sur de Galicia e o norte de Portugal e provoca unha perda de competitividade importante incluso por problemas demográficos, xa que a interrelación económica e laboral entra as dúas zonas é moi importante. Tamén cabe destacar que os condutores de ambulancias se queixan da situación e inciden no feito de que se ven obrigado a facer manobras perigosas.

 

Proxecto parado por Sánchez

Na etapa de Mariano Rajoy ordenárase a redacción dun proxecto de trazado de implantación de carril na nacional que solucionara estes problemas. Sen embargo, en febreiro de 2021, o Goberno de Pedro Sánchez respostaba ás preguntas formuladas polos deputados e senadores do PP que o proxecto aínda estaba en redacción. É dicir, o proxecto para a creación de novos carrís de adiantamento leva en redacción máis de 49 meses, “algo que resulta intolerable”, afirman.

 

Asemade, é preciso lembrar que esta nacional é a única vía de comunicación entre a comarca de Lemos e as comarcas orientáis de Ourense, dado que a alternativa, a autovía A-76, se atopa paralizada e os Presupostos Xerais do Estado contemplan para 2022 unha partida meramente simbólica, ao igual que a establecida o pasado ano.