Partido Popular de Lugo

O PP de Foz logrou que o goberno local dedique os fondos do Plan Único a mellorar as vías de titularidade municipal, para as que tamén quere partidas concretas no orzamento municipal

O grupo municipal do Partido Popular leva a iniciativa no Concello de Foz pese a estar na oposición. Nesta ocasión, o goberno seguiu o consello dos populares e decidiu investir a maior parte do que recibe da Deputación pola vía do Plan Único na mellora da moi deteriorada rede viaria municipal. A concelleira popular Verónica soto explica: “O grupo municipal do PP votou a favor  do proxecto do Plan Único 2022 do Concello de Foz. E fixémolo porque fomos nós os que aconsellamos ao equipo de goberno que  investira a maior parte deses máis de 400.000 euros dos que pode  dispoñer o Concello en arranxar as estradas municipais”.

 

A mesma concelleira declara: “A rede viaria municipal, como puidemos comprobar os concelleiros populares,  despois dun control exhaustivo,  está en moi mal estado; por ese motivo hai moitas queixas dos veciños e debe investirse en mellorar as estradas”.

 

Soto indica que os concelleiros populares entenden “que a cantidade que se investirá con cargo ao Plan Único é insuficiente; por iso, o Concello, nos próximos orzamentos, debe dedicar partidas concretas a mellorar as estradas municipais e o centro urbano, no que tamén hai vías en moi mal estado, con fochancas moi grandes”. Este deterioro, din no PP, “débese a que non hai mantemento adecuado, porque o único que se está a facer e tapar as fochancas con medios propios; ás veces incluso quedan peor do que estaban. É una solución totalmente curtoplacista”.

 

Verónica Soto sinala: “Votamos a favor do Plan Único para Foz porque entendemos que os proxecto incluídos son necesario, pero aínda quedarán moitas estradas por amañar. Esperemos que este Plan Único veña complementado nos orzamentos municipais con partidas directas para acondicionar a rede viaria municipal”.

 

Os populares destacan que “a Xunta de Galicia ten concedida unha cantidade para amañar camiños rurais, que se pode sumar a este plan”. Soto sinala: “Debemos ser ambiciosos á hora de manter en boas condicións a rede viaria municipal porque supón facilitar a vida aos nosos veciños, especialmente nas parroquias do Concello de Foz”.