Partido Popular de Lugo

O PP demanda a reapertura a maior brevidade posible da Oficina Municipal de Información ao Consumidor de Viveiro

O consumidor enfróntase cada día a novos modelos de negocio, a riscos e abusos fronte aos que precisa contar con asesoramento técnico. O grupo municipal do PP de Viveiro presentará na próxima sesión plenaria unha iniciativa para instar ao goberno municipal a reabrir canto antes, a maior brevidade posible, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), da que Viveiro se viu privado hai uns tres anos.

 

O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, di que en Galicia hai unhas noventa OMIC, en concellos de moi distinto tipo. Mentres, e a pesar de que os populares solicitaron, ao principio do mandato, a reapertura deste servizo, Viveiro continúa sen contar con el. “É verdadeiramente inexplicable que nunha cidade como esta non estea operativo esta oficina. E máis tendo en conta os tempos que corren, nos que se multiplican os abusos aos que se enfronta os consumidores”.

 

Rodríguez destaca que, igual que outros moitos concellos galegos teñen OMIC, tamén Viveiro debe tela, ten que tela. “Son moitas as queixas dos veciños por non ter un servizo ao que acudir presencialmente cando se enfrontan a problemas fronte aos que precisan asesoramento, para, se fora o caso, tramitar a corresponde reclamación”.

 

Rodríguez tamén di: “Levamos máis de tres anos sen que funcione a Oficina Municipal de Información ao Consumidor. O goberno local non fixo nada para resolver este déficit, a pesar de que nos primeiros días deste mandato pedimos que se adoptaran as medidas adecuadas. Agora é urxente activar ese servizo; en caso contrario, a alcaldesa, María Loureiro (PSOE), terá que explicar por que mantén esa carencia”.