Partido Popular de Lugo

O PP lucense amplía ao conxunto da sociedade a “escoita activa” que practica cos seus militantes e simpatizantes

O Partido Popular de Lugo, presidido por Elena Candia, ten demostrada a súa firme convicción da necesidade de que a provincia conte cun movemento veciñal amplo e operativo. No seo da organización popular, constituíse, con base en dito convencemento, unha comisión de asociacións, que coordina Carlos Vázquez Pena. Esta comisión organizou na tarde de onte, na sede popular, un encontro con colectivos veciñais para abordar diversos asuntos, entre eles, e de maneira prioritaria, as axudas que lles ofrece a Xunta de Galicia, entre outros fins, para reformas e equipamento dos seus locais sociais. As explicacións correron por conta da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto. Candia explicou que esta reunión forma parte da “escoita activa” que o PP quere manter permanentemente coa sociedade en xeral como fai coa militancia popular.

 

Algúns dos asistentes ao encontro, unha vez recibidas as explicacións por parte da directora xeral, interesáronse por diversos aspectos relacionados cos trámites a seguir.

 

A líder popular indicou que a reunión cos representantes das asociacións é tamén un exercicio de transparencia, na relación da Administración cos administrados.

 

Candia puxo de relevo o papel fundamental que teñen os colectivos veciñais para conseguir melloras nos ámbitos territoriais nos que operan. No caso da provincia de Lugo destacou a vitalidade do movemento veciñal, e puxo en valor que a presidencia da Confederación Galega de Asociacións corresponde actualmente a Lugo..