Partido Popular de Lugo

O PP insta a Tomé a revisar a súa política laboral, que provoca sentencias desfavorable á Deputación e crea malestar entre amplos sectores dos traballadores da institución

Na Deputación de Lugo faise bo o vello dito que asegura que, “na casa do ferreiro, coitelo de pau”. Nunha institución que ten por presidente a un ex sindicalista, como é José Tomé, abundan as queixas entre os traballadores da institución. O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que na Deputación hai “varias frontes abertas, como son sentencias desfavorables á institución, o uso abusivo de Tragsa e o trato discriminatorio e partidista”, que están marcando a nefasta relación de Tomé cos traballadores”.

 

Os populares din que na Deputación “arrancamos o 2022 no mesmo sentido que se desenvolveron estes dous anos de goberno do Partido Socialista e do BNG”. Castiñeira explica: “Estamos preocupados porque recibimos queixas dende diferentes ámbitos do colectivo de traballadores que nos indican que o goberno provincial non  está na senda correcta; aínda máis cando temos constancia de que lles está  chegando sentenzas como a dos bombeiros de Vilalba que dan a razón aos traballadores  ante o permanente abuso de poder do señor Tomé, que parece  que esqueceu o seu pasado sindical”.

 

En canto a Tragsa, empresa pública do Estado, no PP destacan que os socialistas antes a tildaban de chiringuito e agora  “sigue asumindo a xestión de persoal e servizos que entendemos que son básicos e que debían estar, non en mans alleas á Deputación, senón xestionadas directamente polo ente provincial”. O portavoz popular cita “o persoal de limpeza, de xardineiría, a xestión dos catamaráns; este tipo de contratos resólvense con prórrogas millonarias a favor de Tragsa sen pasar  polo concurso público, unha fórmula na que os máis prexudicados poden ser os propios traballadores”. É, di Castiñeira, “unha práctica que ademais de tramposa e incoherente co que presumen e pregoan PSOE e o BNG”.

 

Socialistas e nacionalistas, di o portavoz popular, “sempre critican a externalización de servizos cando están na oposición, pero cando están no goberno son os que máis usan esta práctica”. Destaca que aínda hai outra práctica máis perigosa dos partidos que gobernan na Deputación, “que é a de preocuparse por deixar en postos de traballo da institución a aduladores que teñen dubidosos méritos profesionais e que en ocasións o único que teñen é o respaldo partidista do equipo de goberno”.