Partido Popular de Lugo

O PP insta ao alcalde de Castroverde a tramitar en tempo e forma axudas da Xunta tanto para a mellora de infraestruturas como para a creación dun viveiro de empresas

O Concello de Castroverde precisa investimentos tanto en infraestruturas propiamente ditas como na xeración de condicións para estimular a creación de empresas, o asentamento de empresas no municipio. O portavoz municipal do PP, Rubén Otero, insta ao alcalde a tramitar, en tempo en forma, as axudas que ofrece a Xunta de Galicia. Espera que agora que chegou a un acordo para o congreso provincial do seu partido (PSOE), o alcalde dedique á xestión municipal o tempo que non lle dedicou ultimamente.

 

Rubén Otero sinala: “Espero que agora, que queda liberado da pelexa no seo do PSOE de cara ao congreso provincial, o alcalde, José María Arias, dedique o tempo necesario á xestión municipal. A Xunta ofrece distintas liñas de axudas e é hora de que o alcalde prepare as solicitudes correspondentes para conseguir recursos para investimentos necesarios”. O portavoz municipal popular di que Castroverde precisa un viveiro de empresas, cuxa creación solicitou ao Concello en varias ocasións o grupo municipal do PP. “Sería moi importante para xerar condicións de cara a creación de empresas no concello”, asegura.

 

Otero di tamén que en Castroverde é preciso crear traídas de auga, entre outras infraestruturas. Declara: “Xa sabemos que ao alcalde non lle gusta ver no seu municipio carteis nos que aparece o nome da Xunta; eu dígolle que o importante é que xestione cartos para mellorar a calidade de vida dos veciños de Castroverde”.