Partido Popular de Lugo

O ministro Marlaska impide que Candia e Carballo visiten a Comisaría Provincial da Policía Nacional e a Comandancia da Garda Civil de Lugo

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, impide que Elena Candia e Ramón Carballo acompañen a deputados e senadores na visita á Comisaría Provincial da Policía Nacional de Lugo e á Comandancia da Garda Civil de Lugo prevista este venres, e que se enmarca na rolda de encontros que a formación popular está a manter con distintos colectivos da provincia para recoller as súas demandas e propostas.

 

Así se reflicte no escrito remitido á voceira de Interior do PP no Congreso dos Deputados, Ana Vázquez Blanco, por parte do presidente da Comisión dependente de dito ministerio na Cámara Baixa, José Luis Ábalos Meco, á solicitude da deputada ourensá para visitar as instalacións luguesas, dependentes da Secretaría de Estado de Seguridade, e entrevistarse así, xunto aos deputados e senadores de Lugo, cos integrantes das mesmas.

 

Este feito causou “unha desagradable sorpresa” entre os populares; motivo polo que  dita queixa xa foi trasladada por Vázquez Blanco por escrito ao presidente da Comisión de Interior, pois tanto Candia como Carballo son dous cargos electos na provincia e concelleiros de Mondoñedo e de Lugo, respectivamente.

 

“Non entendemos a que se debe este sectarismo. Ademais de deputados autonómicos, son concelleiros. Que diferencia hai por tanto para impedir a presenza da compañeira Elena e do compañeiro Ramón?”, pregúntase.

 

Ana Vazquez Blanco indica así que estamos ante “un ataque máis do Sr. Marlaska“; un ministro que “é o creador dunha Lei de Seguridade Cidadá que coloca ao mesmo nivel aos delincuentes que ao resto da sociedade española”, destaca.

 

As visitas terán lugar este venres ás 12:00 horas, ás dependencias da Policía Nacional e, ás 13:00 horas, ás da Garda Civil.

 

 

PARA DECLARACIÓNS, CONTACTAR CON ANA VÁZQUEZ BLANCO: 629.37.97.91