Partido Popular de Lugo

Daniel Vega pon en valor o compromiso da Xunta con Ribadeo e destaca a declaración da área Rexurbe

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, pon en valor o firme compromiso da Xunta de Galicia con este municipio durante a visita realizada no día de hoxe pola conselleira de Medio Ambiente e o delegado da Xunta á Área Rexurbe declarada en Ribadeo pola Xunta de Galicia. 

 

Neste senso, Vega destaca que "damos un paso máis na recuperación, embelecemento e mellora do noso pobo". 

 

Concretamente, di, das zonas verdes e da capela da rúa Virxe do Camiño ou castelo de San Damián, así como a conexión co porto na zona de Cabanela.

 

Por elo, o popular demanda "axilidade" ao Concello para que recollan todas estas medidas no plan de dinamización que debe redactar a entidade local. "Non caben escusas nin outras opcións", afirma. "A Xunta de Galicia fai os deberes. Seguimos xestionando orzamento e seguimos sumando por Ribadeo", conclúe