O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca os 48.000 euros que inviste a Xunta na mellora do albergue de peregrinos do Cargadeiro. De feito, a**s obras están a piques de rematar.*
Vega pon en valor "esta mellora que os veciños considerabamos necesaria" para "modernizar os dormitorios, cambiar por completo a cociña, mellorar os baños e a zona de descanso e tamén era urxente construír un baño para persoas con mobilidade reducida". *
O popular explica que "Ribadeo é a porta de entrada do Camiño Norte na nosa comunidade e este albergue dá a benvida aos peregrinos en Galicia".*