Partido Popular de Lugo

Candia prosigue con UNICEF os encontros que mantén cos representantes do tecido socioeconómico da provincia

A presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión coa presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito, dando continuidade aos encontros de traballo que mantén con representantes do tecido socioeconómico da provincia.

A mandataria popular, que destacou o traballo desta organización co obxectivo de garantir os dereitos da infancia, puido coñecer máis de preto os proxectos nos que traballa UNICEF na nosa comunidade.

 

A presidenta continúa mantendo encontros de “escoita activa” porque “o Partido Popular da provincia de Lugo está ao pé dos lucenses coñecendo as súas necesidades para trasladalas ás distintas administracións nas que temos representación e tamén coñecendo as súas propostas para construír xuntos o futuro da nosa provincia e, polo tanto, o de tódolos lucenses”, manifesta Candia.