O Partido Popular de A Fonsagrada agarda que o novo Cuartel da Garda Civil “se converta nun feito”, xa que, “coa de onte, van catro veces que se anuncia a súa construción”. Os populares, a través do seu voceiro, José Regueiro, afean así aos responsables do Partido Socialista “este autobombo, pois aínda temos moi recente a de 2019 -por certo, en época electoral-. Xa pasaron dous anos e volven a vendernos o mesmo”, critica.
“Fala o alcalde de inversión prioritaria, e non é para menos pois estamos a falar de preto de 2 millóns de euros, e nos preguntámomos se esa é a nosa prioridade e cara onde imos. Para nós é inversión necesaria, xa que prioritaria sería que nesa inversión se creasen novos postos de traballo. Pero imos seguir tendo o mesmo servizo”, advirte.
Neste senso, para os populares “prioritario sería facer tamén traídas de auga para os pobos, arranxar as pistas, poñer alumeado público no rural ou favorecer o asentamento de empresas e acreación de novos postos de traballo, por exemplo”.
Deste xeito, José Regueiro, tendo en conta o preceder dos feitos, tira de ironía e agarda que o anuncio de onte “non sexa a inocentada de hoxe”, e compromete o traballo do seu grupo político para que o PSOE cumpra a palabra dada respecto deste asunto.