Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte insta ao goberno local a reclamar de Interior o reforzo do cadro de persoal da Comisaría de Policía, á vista da falta de axentes nas fins de semana

Garantir a seguridade pública é unha obriga institucional que dificilmente pode ser atendida se os corpos e forzas de seguridade non contan con cadros de persoal suficientes. Á vista do que vén ocorrendo nas últimas semanas, o PP considera preciso un incremento do persoal de que dispón a Policía Nacional en Monforte. Por este motivo, defenderá unha moción no próximo pleno municipal para que “o equipo de goberno local, en concreto a súa máxima autoridade, leve a cabo as xestións oportunas (reunións, suxestións, escritos, etcétera) coa autoridade competente para que non se produzan estas faltas de persoal do colectivo de seguridade cidadán da Policía Nacional, polo menos durante as fins de semana”. Igualmente, os populares pretenden que se organice un dispositivo especial en conxunto das policías Nacional e Local para que durante as noites da fin de semana non queden desatendidas as rúas de Monforte mentres non se arranxa o problema de persoal do colectivo de seguridade cidadán.

 

Os populares, que teñen por portavoz a Katy Varela, lembran que “nas últimas semanas vimos de ler en diversos medios de comunicación noticias sobre violencia que preocupan aos cidadáns; este tipo de violencia localízase sobre todo durante ás fins de semana na Rúa Duquesa de Alba”.

 

Igualmente, no PP destacan que, “case ao mesmo tempo, os medios de comunicación facíanse eco tamén dos problemas internos da Comisaría da Policía Nacional de Monforte de Lemos, que están a afectar á seguridade cidadá. Así, por exemplo, limos na prensa (La Voz de Galicia): “Se da la circunstancia de que precisamente durante la noche del viernes al sábado, la Comisaría de Monforte estaba bajo mínimos. A esas horas de la madrugada están de servicio normalmente tres agentes. Mientras uno atiende la centralita en las oficinas, los otros dos patrullan en la calle. Dos de los tres policías que tenían que trabajar esa noche estaban de baja y en el momento en que llegó el aviso de la pelea, la Policía Nacional solo disponía de un agente operativo en Monforte”.

 

A portavoz popular, Katy Varela, destaca que “a Comisaría da Policía Nacional debe funcionar correctamente e coa totalidade do seu cadro de persoal de seguridade cidadá especialmente durante a fin de semana, que é cando máis actos de violencia se producen na cidade”. Sinala que a competencia nesta materia corresponde ao Ministerio do interior, pero é o alcalde, segundo a Lei de Bases de Réxime Local, o máximo representante do concello é debe mostrar preocupación polas situacións que se produzan no termo municipal”. Por elo, os populares esperan que o goberno apoie a moción e o alcalde faga as xestións precisas para garantir que a Comisaría de Policía de Monforte teña os axentes precisos para garantir a seguridade dos cidadáns.