Partido Popular de Lugo

O PP reúne en Lugo a responsables institucionais e a profesionais en Educación para abordar esta materia como “un medio para un fin”

O Partido Popular, a través da vicesecretaría de Educación, que dirixe Javier Vázquez Prado, reúne en Lugo a responsables institucionais de Galicia e de España, así como a profesionais en Educación da provincia, para abordar esta materia, entendéndoa como “un medio para un fin”.

 

A xornada desenvolverase este sábado, día 11, a partires das 11:00 horas, no Eurostars Gran Hotel Lugo. Contará coas intervencións da presidenta provincial, Elena Candia, o secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e a vicesecretaria de Política Social do PP, Ana Pastor. Ademais disporá dúas mesas redondas: a lexislativa, cuxo lema é “Retos da Educación do Futuro” e estará integrada polo conselleiro de Educación e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; e a conselleira de Educación da Xunta de Castela e León, María del Rocío Lucas Navas. A moderadora da mesma será a coordinadora de Educación do PP na provincia de Lugo e concelleira no Concello da capital, Sagrario Sánchez Ramil.

 

Na mesa técnica participarán Teresa García Crecente, directora do IES A Pontenova; Jairo Campo Vázquez, asesor do Equipo do Plan dixital. Dixitalización; Joaquín Expósito López, director do CEIP As Mercedes; e José Manuel López Barreiro, director do CEIP Terra Chá. O vicesecretario de Participación do PP, Jaime De Olano, dirixirá o desenvolvemento da mesma.

 

Con esta iniciativa a formación popular continúa coa súa rolda de contactos, de encontros e de actividades para achegar o Partido aos lucenses, recollendo as súas propostas e necesidades para levalas a onde teñen responsabilidades de goberno.