Partido Popular de Lugo

Begoña Sanjurjo destaca a importancia de “previr a desigualdade desde onde nacen as relacións, na adolescencia”

A concelleira popular responsable de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, destaca a importancia de “previr a desigualdade desde onde nacen as relacións, na adolescencia”.

 

Con ese obxectivo, a Secretaría Xeral de Igualdade achegou a Ribadeo dentro do proxecto ‘365 polo respecto e a igualdade’ o monólogo teatral pedagóxico ‘Golpes’ que puideron presenciar os alumnos do 3º e 4º da ESO do colexio Sagrado Corazón este mércores no Cine Teatro como punto de partida para o traballo na aula.

 

“Nesta obra, a actriz Estíbaliz Veiga achega á rapazada a vida dunha muller en múltiples rexistros mostrando as distintas etapas dunha mala relación -cando está namorada, cando ri e baila, cando sofre… e tamén cando se deixa querer por si mesma-. É un camiño emocional que procura que o público adolescente consiga relacións igualitarias. É un espectáculo directo que se basea no excelente traballo da única protagonista que nos presenta múltiples personaxes mostrando o seu compromiso co xénero”, explica Sanjurjo.