Partido Popular de Lugo

Begoña Sanjurjo: “A exposición ‘Elas tamén soan’ pretende visibilizar ás mulleres na música clásica”

A concelleira popular responsable de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “desde este martes se pode ver na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo a exposición "Elas tamén soan’ que pretende visibilizar ás mulleres na música clásica, tanto compositoras como intérpretes.

 

Trátase de once paneis -divididos en tres bloques: ‘Fixeron Historia’, ‘Están a facer Historia’ e ‘Mulleres músicas en Ribadeo’- nos que podemos atopar desde María Balteira, soldadeira no século XIII, a  Carme Rodríguez, compositora ribadense de só 25 anos, pasando por  outras compositoras como Eugenia Osterberguer ou Margarito Viso, e instrumentistas destacadas como María Aurea Rodríguez, a primeira gaiteira recoñecida.

 

A información foi recollida polo alumnado de música de 4º ESO do colexio Sagrado Corazón baixo a dirección de Mª Carmen Rodríguez Cancelo. A maquetación do traballo correu a cargo de Carme Rodríguez Rodríguez e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade encargouse da edición dos paneis.

 

“Este traballo que está en constante revisión e evolución quere ser unha pequena achega á loita pola igualdade da muller no eido musical. Non imos recuperar os séculos de historia perdidos; pero podemos conseguir que a actualidade sexa máis xusta, menos discriminatoria”, segundo valora Begoña Sanjurjo.