Partido Popular de Lugo

O PP lucense preguntará no Senado que medidas prevé o Goberno central para que os veciños do Courel non queden sen teléfono e internet

O PP da provincia de Lugo levará ao Senado a perda de servizo de comunicacións fixas -teléfono e internet- en Folgoso do Courel, tralo anuncio do peche da central de cobre por parte de Movistar, que lle da servizo ao municipio ao entender que “repercutirá negativamente na calidade de vida dos veciños e tamén influirá no despoboamento da zona. Moitos veciños perderán os números de teléfono de toda a vida e que, nalgúns casos, son o seu único medio para comunicarse con familiares e servizos sanitarios. A perda de conexión a internet tamén incrementará a fenda dixital para os veciños da zona”.

A operadora Movistar ofrece aos veciños establecer conexión de fibra óptica -que non chega a moitos dos lugares máis apartados do municipio-, por ondas de radio ou por satélite -que tampouco chegan a moitas aldeas-. Polo tanto, “ningunha das tres opcións é válida”, explican os senadores populares.

Os senadores advirten que “o peche da central de cobre que da servizo ao concello de Folgoso do Courel por parte de Movistar ten que ver coa primeira fase do Plan de Telecomunicacións do Estado para instalar fibra óptica, pero o Goberno central parece descoñecer ou non importarlle que para moitos lugares da xeografía española, como é o caso do Courel, a rede de cobre é, polo momento, a única opción viable”.

Os senadores, polo tanto, preguntarán:

¿É consciente o Goberno de España de que en moitos puntos da xeografía lucense non é posible establecer unha conexión de teléfono e internet nin por fibra óptica, nin por ondas de radio nin por satélite?

¿Que medidas ten pensado tomar o Goberno de España para evitar que os veciños do Courel afectados polo peche das centrais de cobre se queden sen teléfono e sen internet?

¿É consciente o Goberno de España de que deixar aos veciños do rural lucense sen teléfono e sen internet non so prexudica a súa calidade de vida, senón que ademais fomenta o despoboamento?

¿Que medidas ten previstas o Goberno no seu Plan de Telecomunicacións para garantir que os veciños que non teñan acceso á fibra óptica sigan podendo utilizar o teléfono e a internet?