Partido Popular de Lugo

O PP insta a Tomé a deixar de adular ao Goberno de Pedro Sánchez e a reclamar con rotundidade á ministra Maroto que, mediante a SEPI, interveña provisionalmente Alcoa

O Goberno de Pedro Sánchez non entendeu nada sobre a folga xeral vivida recentemente en A Mariña en defensa da súa industria. A rotunda afirmación feita pola ministra Maroto descartando a intervención de Alcoa, así o demostra. E as xustificacións que, sobre as declaracións da ministra, está a dar  o presidente da Deputación, o socialista José Tomé, son escusas de mal pagador, coas que só busca, sen éxito, defender ao Goberno, e ocultar a falta de peso do PSdeG de Lugo no seo do PSOE. Así o indica o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, que esixe de Tomé “que demande con rotundidade do Goberno que interveña provisionalmente, mediante a SEPI, a fábrica de Alcoa, porque esa é a día de hoxe a única solución, a que piden os traballadores e os veciños de A Mariña”

 

Castiñeira explica: “Cando os traballadores de Alcoa e os membros do comité de empresa entraron na Deputación de Lugo tiñan dúas proclamas. Unha era enerxía, solución, e a outra era socialistas de pacotilla. O da enerxía, solución, empeorou, porque dende aquela o prezo da enerxía e moito máis caro, tanto o gasóleo como a enerxía eléctrica, que é fundamental para as expectativas  de futuro da fábrica de aluminio en A Mariña”.

 

O portavoz popular destaca: “O de socialistas de pacotilla cada vez se fai máis evidente. Falamos das declaracións do presidente  da Deputación de Lugo, señor Tomé, xustificando  a decisión da ministra Maroto de non intervir provisionalmente Alcoa, algo que entendemos é necesario e forma parte do futuro desta fábrica”.

 

Castiñeira declara: “Temos que dar a razón  unha vez máis ao comité de empresa: o señor Tomé é un socialista  de pacotilla. E por que? Porque cando levabamos as cousas á Deputación de Lugo, o señor Tomé está a favor do comité de empresa; cando o comité de empresa lle pide que se posicione, faino coa boca pequena, pero cando  chega a Ferraz o señor Tomé é unha persoa totalmente diferente, é un adulón, ao que lle gusta dar palmadiñas nas costas a aqueles que están prexudicando os intereses da nosa provincia, neste caso a ministra Maroto e a ministra Ribera”. Engade: “Queremos que defenda os intereses de todos os lucenses, que se deixe de defender os intereses dos socialistas porque é presidente de todos os lucenses; deixe iso para cousas menos importantes, agora estamos a falar do futuro da provincia de Lugo, de A Mariña, de Alcoa”.

 

O portavoz popular insta a Tomé a que “pida  con rotundidade á ministra Maroto e ao Goberno de Pedro Sánchez que interveña provisionalmente, mediante a SEPI, a fábrica de Alcoa, porque esa a día de hoxe éa única solución, a que piden os traballadores e os veciños de A Mariña”. Tamén di: “Señor Tomé, dende a provincia de Lugo pedímoslle que reclame con rotundidade que interveña provisionalmente, mediante a SEPI, a fábrica de Alcoa, porque esa é a día de hoxe a única solución, a que piden os traballadores e os veciños de A Mariña”.