“Tomé segue enrocado coa súa campaña de maquillaxe. Asfalta rúa sen abordar o saneamento e o abastecemento. É o que acontece, segundo puido comprobar a voceira do Grupo Municipal do PP neste municipio, Katy Varela, na rúa Roberto Baamonde. Esta vía vén de ser acondicionada pola entidade local de forma superficial, xa que os traballos tan só incluíron o asfaltado, pero non a mellora ou arranxo da canalización para evitar no futuro novas ruturas das tubaxes.
Por este motivo, os populares monfortinos lamentan que o socialista “saque peito sempre que arregla o firme dalgunha rúa, xa que o que debería de facer é unha mellora integral, que inclúa tamén o que hai debaixo do asfalto”, defende.
O mesmo acontece, advirte Varela, co cableado que afea a cidade. “Tomé debería aproveitar estas actuacións para soterrar os cables tamén”, sinala.
“Tomé gasta sen sentido”
Neste senso, a popular expón que todas estas actuacións non forman parte dun plan de futuro ordenado para Monforte. Exemplo delo é tamén o colapso rexistrado estes días na rúa Huertas, que se paraliza cada vez que hai unha descarga de gasoil para algún edificio e tamén na rúa Roberto Baamonde.
“Tomé gasta sen sentido”, critica. É, por este motivo, polo que Katy Varella lle pide unha programación ordenada, de tal xeito que as obras que se fagan “non sexan parches”, senón que teñan durabilidade no tempo.