A presidenta provincial, Elena Candia, continúa coa súa folla de ruta de coñecer as necesidades e propostas dos distintos colectivos profesionais e o tecido socioeconómico da provincia. Deste volta, mantivo unha reunión de traballo coa presidenta do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Carmen Figueiras, e na que a dirixente deste órgano lle trasladou á dirixente dos populares lucenses a necesidade de que se impulse nas administracións, especialmente desde as locais, os concursos de proxectos.
Asemade, Figueiras demandou “transparencia e información” nos fondos europeos, expoñendo a preocupación deste colectivo profesional polos retrasos que existen nalgúns Concellos, como é o caso do de Lugo, xa que estas dilacións poden conlevar a perdas dos recursos que veñen de Europa.
E é que, tal e como advertira publicamente hai uns meses a responsable deste órgano, a situación das licencias é grave no Consistorio lucense, pois os retrasos nesta materia sitúano á cola de Galicia á hora de facilitar e axilizar trámites. Para Carmen Figueiras esta demora prexudica notablemente aos cidadáns e tamén de forma directa aos arquitectos como profesionais e aos distintos axentes que interveñen na tramitación das autorizacións urbanísticas.
Relacionado cos fondos, o COAG tamén propón que dende as administracións as futuras axudas destinadas a rehabilitación enerxética para promotores sexan xestionadas como anticipos e que incluan tamén os custos dos honorarios dos técnicos e da os de quen realicen a xestión das propias axudas.