Partido Popular de Lugo

Elena Candia continúa “ensanchando o Partido” coa integración de Ildefonso Saavedra

A presidenta provincial, Elena Candia, continúa “ensanchando o Partido” coa integración de Ildefonso Saavedra. O xa ex cabeza de lista de Foro Lugo Independente entregou esta mesma maná a súa afiliación á formación popular na sede do PP lucenses, sumándose así ao proxecto que lidera Candia.

 

A dirixente do Partido Popular na provincia manifesta a súa satisfacción pola nova incorporación que resposta, di, “ao compromiso que asumín para este novo mandato de seguir ampliando o Partido e de tenderlle a man a toda aquela persoa que está disposta a dar un paso adiante neste proxecto que, como xa dixen en varias ocasións, se basa no traballo en equipo para conquerir os obxectivos de acadar unha maior representación gubernamental nas institucións. No PP de Lugo todos sumamos e ninguén resta”, afirma a presidenta, “e a incorporación de Ildefonso é un exemplo máis”.

 

Integración “sen condicións”

Pola súa banda, Ildefonso Saavedra indica que pasa a formar parte da familia do PP porque, engade, “creo neste proxecto e, ademais, fágoo sen condicións”. Estes son motivos polos que, segundo apunta, decidiu integrarse na formación popular e “traballar todos xuntos para contribuír ao cambio que demandan os lucenses tanto no Concello, como na Deputación”.

 

“Estou ilusionado, convencido e comprometido. Intégrome sen condición e só co fin de sumar e aportar as miñas propostas ao PP de Elena Candia”, conclúe.