Partido Popular de Lugo

Deputados e senadores propoñen ao Goberno aumentar o investimento na provincia en máis de 50 millóns e corrixir así a discriminación dos Orzamentos de 2022

Os deputados no Congreso, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, acompañados dos senadores José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Juan Serrano, informaron este venres que veñen de presentar emendas na Cámara Baixa aos Orzamentos do Estado de 2022 para aumentar o investimento do Goberno na provincia en máis de 50 millóns de euros. Trátase, segundo explicaron, de corrixir a discriminación do Executivo de Sánchez con Lugo, ao deixar as partidas relativas a actuacións proxectadas (infraestruturas, ferrocarril, comisarías ou depuradoras) reducidas practicamente a cero.

 

Neste senso,  as emendas están destinadas a cubrir as necesidades da provincia, así como a esixir ao Executivo que cumpra o compromiso de triangular a venda de Alcoa a través da SEPI a un comprador solvente. Neste último caso, a emenda rexistrada está destinada a que se faga cumprir o acordado por unanimidade no Parlamento de Galicia e no Congreso que a Sepi interceda para que a venda sexa efectiva e garanta, sobre todo, o mantemento da empresa e os empregos que xera. “Ahora tenemos la ocasión de desenmascarar a la Sepi y a un gobierno que solo miente y lo único que hace es ganar tiempo. Está muy bien sumarse a las manifestaciones, y esto lo digo también por la Diputación, pero el apoyo se demuestra con hechos y no con palabras vacías. El PP está en la solución”, remarcou De Olano.

 

As emendas, ao detalle

Os deputados do PP de Lugo no Congreso propoñen, cun total de 23 emendas, melloras para cubrir aquelas partidas que están dotadas de maneira insuficiente para poder abordar a actuación que se propón ou ben para modificar as anualidades que nalgúns casos atrasan a execución ou o inicio desas actuacións ata en tres anos.

 

Son un total de 12 emendas en materia de estradas por un importe de máis de 22 millóns de euros (22.129.000€).

 

A Autovía da Mariña Lucense, a A-74, é unha actuación estratéxica para Galicia porque supón a mellora de comunicacións na comarca e dar servizo a unha das maiores zonas produtoras de madeira, con portos pesqueiros de referencia, un porto de interese xeral do estado e unha multinacional do aluminio. Dividida en catro tramos é unha infraestrutura que xa figuraba no PEIT 2005-2020. En consecuencia, solicítase avanzar nesta actuación que se ve paralizada “sine die” no proxecto de orzamentos xerais do Estado para este ano 2022 presentado nas Cortes.

 

Concretamente, propoñen 2,7 millóns para o tramo San Cibrao-Burela; 2,9 para o tramo Foz-Burela; 728.000 euros para o tramo Foz-O Carme e outros 728.000 euros para O Carme – Barreiros.

 

“El gobierno de Sánchez pretende enterrarla, pareciendo que quieren acabar con esta infraestructura”. É por este motivo, polo que o popular criticou a “hipocresía de los socialistas de la provincia y de la comarca que, en vez de afrontar el problema y reclamar lo que nos pertenece, siempre prefieren ser antes socialistas que vecinos de Lugo y de la Mariña”. A este respecto, indica que “tanto alcaldes, como diputados, senadores y portavoces tienen ahora la oportunidad de ponerse de lado de sus ciudadanos”.

 

“No proxecto de PGE para 2022 que o Goberno socialista acaba de presentar, evidénciase un nulo interese para impulsar a autovía A-56 entre Ourense e Lugo”, segundo manifestan os populares.

 

Esixen tamén a renovación do firme, trazado e sinalización na N-634 en todo o percorrido entre os municipios de Abadín e Lourenzá porque se atopa nun lamentable estado de conservación que esixe unha rápida actuación, tendo en conta que se converte na vía alternativa á A-8 cando a autovía pecha por mor da néboa.

 

Os deputados do PP fixeron alusión tamén a dúas actuacións que levan anos orzamentadas, que en reiteradas ocasións foron anunciadas polas autoridades locais do PSOE; pero que non aparecen recollidas nos  PGE: a mellora da seguridade viaria na N-VI coa instalación dunha glorieta no  p.k. 513,67, en Outeiro de Rei, e na intersección con Avda. Alfonso X O Sabio, na cidade de Lugo. “Esta última foi presentada recentemente polo goberno ante os medios de comunicación lucenses á vista da alta sinistralidade dese punto da  N-VI”, lembran.

 

En materia de conservación e seguridade viaria é insuficiente o consignado para atender as grandes demandas na rede de estradas do estado na provincia: “as actuacións de conservación e explotación na N-540 e na N-120 na provincia de Lugo”. Tamén advirten da necesidade de renovación o trazado e o firme na estrada nacional 120A entre os p.k. 526,600 e 531,800 no concello de Pantón.

 

En relación ao ferrocarril, os populares rexistraron tres emendas que supoñen máis de 25 millóns de euros (25.150.000 €).

 

Os populares denuncian que o Goberno non contempla no proxecto de PGE para o 2022 unha partida para estudar a viabilidade para a conexión ferroviaria entre a cidade de Lugo e a capital de Galicia e de Lugo coa Mariña lucense. “Ambas as conexións son necesarias para mellorar as obsoletas comunicacións ferroviarias da provincia lucense e ambas as liñas son amplamente demandadas polos lucenses”.

 

Para os deputados do PP “a consignación prevista para o corredor noroeste renovación liña Monforte-Lugo está moi afastada do que figura como custo total e dado o atraso de tres anos na súa execución proponse incrementar coa anualidade orzamentada para 2022 para impulsar a moi necesaria renovación desa liña, así como incluír as variantes de  Rubián e  Canabal – Os  Peares, imprescindibles para acurtar os tempos de viaxe”, explicou García Díez. Igualmente, proponse a modificación da denominación pola que figuraba ata este exercicio (Renovación e Variantes en liña Monforte-Lugo) na que desaparece a palabra “variantes”, sendo estes investimentos imprescindibles para a redución de tempos entre Lugo e Ourense.

 

A este respecto, os populares inciden en que nos PGE do 2018 aprobados polo Goberno do Partido Popular, este proxecto contaba con dúas partidas de máis de 1.000 millóns de euros, mentres que as dúas do 2022 supoñen 330.000 euros porque “renuncian a executar as variantes que son as obras que farían competitivo a viaxe en tren a Madrid ao acurtar os tempos. O PP non presentou un Power Point; senón un compromiso orzamentario en 2018, que estivo prorrogado en 2019 e 2020”.

 

Ás actuacións previstas nos PGE polo Ministerio do Interior na nosa provincia, os populares presentaron seis emendas que superan os 2,5 millóns de euros (2.550.000 euros) para “cumprir cos compromisos xa adquiridos en exercicios orzamentarios anteriores e dar os primeiros pasos para contar cun proxecto que permita iniciar no menor tempo posible a construción dunha nova comisaria de policía na cidade de Lugo”.

 

Así mesmo, os populares demandan a creación dunha unidade de seguridade cidadá na  Comandancia da Garda Civil (USECIC) en Lugo. “O Goberno do Partido Popular estaba a realizar xa os estudos procedentes sobre a creación desta Unidade e a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Garda Civil na provincia de Lugo coa finalidade de cubrir os devanditos postos, comprobando que resultaba posible e, ademais, necesaria a súa creación que era solicitada por todas as asociacións profesionais da Garda Civil en Lugo”.

 

Do mesmo xeito, demandan a creación dunha unidade de Prevención e Reacción na Comisaría da Policía Nacional en Lugo, tal e como fora aprobada na Comisión de Interior do Congreso o 12 de marzo deste ano 2021 tendo en conta que “responde a unha demanda social en Lugo e dos representantes sindicais do Corpo Nacional de Policía”.

 

En relación ao segundo plan de reformas dos centros penitenciarios, os populares propoñen adiantar ao 2022 a consignación para o proxecto de Bonxe previsto para o 2024 e o mesmo para Monterroso, que figura a primeira consignación para o 2023. Tamén piden o adianto ao 2022 na consignación orzamentaria para a Garda Civil da Fonsagrada que o Goberno atrasa ata o 2025.

 

Os populares esixen ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, un orzamento de 300.000 euros para a redacción de proxectos de novos saneamentos e depuración en Portomarín e Castro de Rei, situados na Confederación Hidrográfica Miño-Sil; así coma para a eliminación de pluviais e tanque de tormentas en Chantada.

 

Outra das propostas dos deputados lucenses do Partido Popular é a relacionada coa redacción de estudo para declarar o proxecto de “Gran Senda do Navia” como obra de interese xeral.  Para iso, propoñen ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación incluír 100.000 euros nos PGE para o 2022 que permitan “iniciar os estudos necesarios para esta declaración e dotar de orzamento esta actuación, dado que transcorreron tres anos desde a súa presentación ante o Goberno sen que os promotores teñan contestación”.

 

Estas emendas serán recollidas polo Grupo do PP no Senado, que procederá do mesmo xeito presentándoas tamén na Cámara Alta.