Partido Popular de Lugo

Os deputados mariñaos poñen en valor o compromiso orzamentario da Xunta de 2022 para as depuradoras de Burela, Viveiro e Foz

Os tres deputados no Parlamento de Galicia da Mariña, Elena Candia, José Manuel Balseiro Orol e Daniel Vega, poñen en valor o investimento que realizará a Xunta de Galicia en 2022 en materia de saneamento nos concellos de Burela, Viveiro e Foz, e que ascende aos 7,2 millóns de euros. Concretamente, e segundo se pode comprobar nas contas presentadas polo Executivo autonómico, levaranse a cabo actuacións relacionadas co tratamento de augas, así como a construcción ou mellora das depuradoras en ditas localidades.

 

Para os populares “sáldase unha débeda histórica”, ao tempo que se dará un servizo necesario para os veciños destes tres municipios. Dun xeito desglosado, as partidas económicas que se recollen no documento orzamentario son as seguintes: Viveiro (1,6 millóns para o saneamento de Celeiro e mellora da EDAR, e melloras nas liñas de tratamento 1,29 millóns); mellora de saneamento e construción da de Burela (420.000 euros); e, en Foz, execución dunha nova depuradora (3,85 millóns).

 

“Agradecemos a sensibilidade do Goberno galego coa nosa comarca que recolle unha demanda constante dos veciños destes concellos. Son actuacións que, ademais, de dar un mellor servizo, mellorarán a súa calidade de vida”. Para os deputados do PP demóstrase “que non é o mesmo que gobernen uns a que gobernemos outros”. “Fronte a un Goberno central que, por exemplo, soterra a autovía da Mariña ou que aínda non deu unha solución a Alcoa, a Xunta de Galicia cumpre recollendo no DOG as demandas da Mariña”.

 

Intervención Alcoa

A este respecto, dende o PP valoran positivamente a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula o ERE de Alcoa e reclaman, unha vez máis, a intervención pública da Sepi se fose necesario. “O Goberno ten que actuar xa. Vímolo dicindo nos últimos meses e estano a pedindo a gritos os traballadores. A venda debe ser inmediata e se é necesario que interveña a Sepi”, insisten.