Partido Popular de Lugo

Begoña Sanjurjo convida aos ribadenses a solicitar o ‘Bono Cultura’ da Xunta de 50 euros para gastar en actividades culturais

A coordinadora de Cultura do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Begoña Sanjurjo, convida aos ribadenses a solicitar a partir do 1 de novembro o ‘Bono Cultura’, unha iniciativa da Xunta para promover o gasto en actividades culturais.

 

A través deste programa, a Xunta ofrece descontos do 50% en libros, videoxogos, produtos audiovisuais en formato físico, concertos ou outras actividades culturais. Sanjurjo lembra que se poderán gastar “un máximo de 50 euros por persoa nunha soa acción ou repartidos en varias”.

 

Os ribadenses maiores de idade interesados poderán solicitar o seu bono a través da web https://www.bonocultura.gal para gastar o seu ‘Bono Cultura’ ata o 31 de decembro nos establecementos e servizos adheridos que dispoñen ata o 18 de novembro para formalizar tamén a súa participación neste programa.

 

O Grupo Municipal Popular está a informar aos establecementos do sector sobre esta campaña tendo en que o programa da Xunta “ademais de favorecer os nosos petos, tamén beneficia ao sector cultural da nosa vila”, segundo sinala  Sanjurjo