Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial Popular nomea a Óscar Poy como novo vicevoceiro segundo

O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo vén de designar ao deputado Óscar Poy como vicevoceiro segundo. Os deputados provinciais acordaron durante unha reunión de traballo que Poy desenvolva a labor que viña exercendo ata agora José Antonio García, que renunciará como deputado provincial na sesión plenaria deste vindeiro martes 26 de outubro.

 

O portavoz, Javier Castiñeira, explica que “Óscar Poy está a facer un gran traballo como deputado e como concelleiro en tarefas de control aos gobernos bipartitos na Deputación e no Concello de Lugo”. De feito, como deputado pola municipio de Lugo, “vela polos asuntos de competencia provincial que afectan á cidade onde as políticas da Deputación están a ser intranscendentes”.

 

Castiñeira ten palabras de agradecemento ao traballo que leva realizado Poy e tamén quere recoñecer a labor de García como membro do Grupo Provincial Popular e, especialmente, “na súa función de fiscalizador do proceso de disolución de SUPLUSA velando polos dereitos dos traballadores e defendendo o cumprimento dos convenios asinados pola Deputación cos Concellos para a dotación de solo industrial”. Así mesmo, engade que “José Antonio é un valedor das institucións provinciais porque, ao contrario do que pensan os que gobernan, as Deputación son útiles para os Concellos, especialmente para os máis pequenos”.

 

O voceiro dos populares na Deputación de Lugo asegura que “seguiremos traballando, seguiremos percorrendo a provincia para coñecer in situ os problemas dos veciños e trasladar as súas demandas ante o Goberno provincial”.