Partido Popular de Lugo

Candia destaca o papel da USC como entidade asesora dos Concellos para “buscar alianzas” e acceder a fondos europeos

A presidenta provincial, Elena Candia, pon en valor o papel da USC como entidade asesora dos Concellos, sobre todo, dos máis pequenos “para buscar alianzas que nos coloquen en boa posición para poder acceder a fondos europeos”. Así o indica logo da reunión de traballo que mantivo coa Vicerreitora do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, e na que a dirixente popular aproveitou a ocasión para estreitar lazos coa Universidade.

 

No encontro, Elena Candia e Montserrat Valcárcel tamén analizaron a importancia de potenciar os sectores estratéxicos da provincia, entre os que destaca o primario e co que o Campus Terra ten unha vinculación directa debido ás titulacións que imparte relacionadas con esta materia.

 

“A carne, o leite, a horta, as industrias agroalimentarias e incluso o sector vitivinícola son, sen lugar a dúbidas, piares económicos moi importantes na provincia. Impulsalos e darlles valor engadido deben de ser obxectivos a ter en conta nos fondos Next Generation”, afirma.

 

A popular adianta que na xuntanza abordaron incluso posibles vías para establecer sinerxias con territorios semellantes como os do país veciño, Portugal.