Partido Popular de Lugo

Daniel Vega convida ao goberno local a “poñerse mans á obra” para que Altri se instale en Ribadeo

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, agarda en que “o goberno do BNG estea a facer todo o posible para que a empresa Altri, que recentemente mostrou o seu interese por asentar na Mariña a súa planta de fibra textil forestal, se instale no noso municipio”.

 

“Altri fala de 1.500 postos de traballo directos e 6.000 indirectos que sería moi positivos para Ribadeo e o conxunto da Mariña”. Polo tanto, “o noso Grupo Municipal o que reivindica é que o goberno local se poña mans á obra para que se instalen en Ribadeo empresas deste nivel que creen oportunidades laborais para os nosos veciños”.

 

Vega destaca que o polígono industrial ribadense está “moi ben situado”; pero que se atopa “baleiro pola falta de xestión por parte do goberno local do BNG e pola inacción do Goberno central do PSOE”.

 

O voceiro popular puntualiza que “todos sabemos que necesitamos industria, empresas para que os nosos veciños teñan saídas laborais” e, polo tanto, “o deber dun goberno é poñerse mans á obra para xestionar orzamento e facer un gran traballo para que as empresas se instalen no noso municipio”.