Partido Popular de Lugo

Katy Varela insiste na necesidade de que Monforte teña Plan Xeral e critica as xustificacións do alcalde

A voceira do Partido Popular de Monforte de Lemos, Katy Varela,  insiste na necesidade de que este municipio dispoña dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e rexeita os argumentos esgrimidos polo alcalde no pleno celebrado o pasado luns a este respecto.

 

Concretamente, Tomé Roca alegou que Monforte non pode dispoñer deste documento de ordenación urbanística debido ao plan hidrográfico que considera asolagables certas zonas próximas ao río. 

 

Para a popular esta resposta “non deixa de ser unha escusa” pois a Lei do Solo de Galicia de 2016 contempla todo tipo de situacións ante un plan como o que demanda o PP, incluída a posibilidade de zonas propensas a asolagamentos. “Esta norma permitiría volver a construír en caso de que se produzan fenómenos deste tipo onde xa se construíse con anterioridade”, aclara Katy Varela.

 

“O máis grave”

“O máis grave”, engade, “é que o Concello execute o proxecto para a Zona C por un millón de euros logo de 20 anos da súa aprobación e sen elaborar o Plan Xeral que tanto precisamos”.  A este respecto, matiza: “estamos a favor en dar saída á rúa Rof Codina cara Covas, pero o máis sensato sería, afirma, ter o PXOM e traballar dende o mesmo os distintos proxectos de urbanismo.