O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, pídelle ao alcalde e ao goberno do BNG “menos fotos e máis feitos”. Así o manifesta en relación á reunión coas asociacións de Ribadeo ao considerar que “o quere contrarrestar os problemas que ten con moitas asociacións cunha simple foto”.
Vega condena, a ese respecto, que “o mesmo goberno local do BNG que lle da as costas ao asociacionismo local, se queira sacar unha foto con eles. É sorprendente”, asegura.
O popular recorda que “o goberno local prohibe as inversións no noso pobo e pon atrancos para que as asociacións arranxen os locais sociais de Vilaselán, Rinlo e Cubelas -as escolas das parroquias de titularidade municipal que os veciños usan para as actividades colectivas-”.
“O mesmo goberno do BNG non achegou aínda as axudas do 2017 a algúns colectivos de Ribadeo e o mesmo alcalde que se quere facer fotos cos veciños e asociacións, envíalles requirimentos en forma de ameaza a algúns colectivos por pedir axudas á Xunta”, engade.
O Grupo Municipal Popular esíxelle ao goberno local que sexa “rigoroso abonando as axudas pendentes aos colectivos dende o 2017” e tamén que lles permita ás asociacións veciñais facer as obras tan necesarias nos centros sociais”.
A este respecto, sinala Vega que “o Grupo Municipal Popular ten presentado unha solicitude para a celebración dun pleno extraordinario no que aclarar esta situación e que o alcalde explique por que prefire que os veciños perdan unha axuda da Xunta”.