Partido Popular de Lugo

Castiñeira: “O cacao eléctrico que ten montado o Goberno central provoca os grandes problemas que ten a provincia; esperamos que PSOE e BNG non se poñan hoxe de costas aos lucenses”

O caos xerado pola disparatada política enerxética do Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez está a crear moi graves problemas na provincia de Lugo. O grupo provincial do PP defende esta mañá no pleno da Deputación unha moción para que o organismo provjncial inste ao Goberno a aplicar medidas eficaces para rebaixar a factura da luz, pero tamén a revisar a súa política enerxética. Así o indicou o portavoz do PP, Javier Castiñeira, á chegada ao salón de plenos do pazo de San Marcos que, antes de nada, lembrou aos traballadores das empresas que, por culpa da política enerxética de Sánchez, o pasan mal. En resumo, “o cacao eléctrico que ten montado o Goberno central provoca os grandes problemas que ten a provincia, polo que esperemos que PSOE e BNG non se poñan hoxe de costas aos lucenses e apoien a nosa moción”.

 

Castiñeira sinalou: “Dende o  PP de Lugo enviamos o noso máximo apoio a todos eses traballadores  que están vendo como as súas industrias o están a pasar mal e, con elo, os seus postos de traballo. Así o fixemos sempre cos traballadores de Alcoa, cos de Endesa-As Pontes e o facemos hoxe cos traballadores de Vestas. Alédanos que tivesen esa  reunión co conselleiro de Industria  e a conselleira de Emprego, cos que pactaron establecer unha mesa pola  industria, involucrando ao Goberno de España, en concreto ao Ministerio de Industria. O obxectivo é tratar de solucionar canto antes os problemas das súas empresas, que repercuten directamente  no seu emprego. Claramente, estes son os problemas que vimos reflexando da provincia durante  moito tempo”.

 

Castiñeira lembrou que a orde do día do pleno “inclúe a nosa moción para instar ao Goberno de Pedro Sánchez a adoptar medidas eficaces para conseguir a rebaixa da factura eléctrica”. Manifestou: “É un dos grandes problemas que están a vivir os lucenses, debido ao cacao eléctrico que ten agora mesmo o Goberno de España (PSOE e Podemos e os seus socios de investidura, o BNG)”. O portavoz dos populares deixou claro que “non se pode pedir, como fai o Bloque, o mesmo e o contrario e despois pedir que aínda por riba as empresas non sufran; estanlle a subir os custos laborais, os impostos, están incrementando a factura enerxética (electricidade e gasóleos) e, polo tanto,  as empresas están sufrindo”.

 

O portavoz popular manifestou que a errada política enerxética do Goberno central fai que ”estean a sufrir as nosas empresas e os nosos veciños; nas súas casas, nos seus comercios, as pequenas e medianas empresas e os seus concellos, aos que se incrementou a factura eléctrica en xullo e agosto ao redor dun 25 ou un 30%”.

 

Castiñeira apela ao sentido da responsabilidade de socialistas e nacionalistas: “Esperemos que PSOE e BNG recapaciten na súa estratexia enerxética. Esperemos que  non entren en contradición, de maneira que por un lado demanden enerxías verdes e, por outro,  queiran sacar os eólicos e frear os novos parques, que son importantes para que Galicia siga sendo  un dos principais creadores de enerxía renovable de todo o Estado”.