Partido Popular de Lugo

Daniel Vega: “Ribadeo incorpora nova formación específica vinculada á industria da zona e a unha saída laboral”

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, aposta pola “formación vinculada a unha saída laboral”. É por iso polo que aplaude a posta en marcha dunha nova formativa específica no IES Porta da Auga de Ribadeo trala sinatura dun convenio con Astilleros Gondán. Neste caso, ademais, Vega salienta que “o centro incorpora nova formación específica vinculada á industria e que, polo tanto, contribuirá a crear emprego de calidade”.

 

“A oferta educativa nos centros ribadenses increméntase con este nova acción formativa específica sobre fabricación e mantemento de embarcacións de fibra que conta con 23 alumnos cursando esta ensinanza”.

 

O convenio con Astilleros Gondán leva aparellado un compromiso de contratación para o alumnado que supere a formación e, polo tanto, “trátase dunha formación para a busca activa de emprego”.

 

Aposta polo tecido económico local

Vega salienta tamén que “o Grupo Municipal Popular aposta polo tecido económico local e pola industria, como fai a Xunta, mentres que outros Gobernos a atacan sistematicamente”.

 

Nese sentido, o popular sinala que “queremos que Ribadeo sexa o punto de unión de formación de moita mocidade”. E para iso, “apostamos por aumentar a oferta educativa que demanda o sector produtivo da nosa vila e da comarca”, conclúe.

Recoñecemento pola iniciativa

O popular agradece, polo tanto, a aposta decidida da Xunta pola formación, ao director, Isidro Berdeal, e ao resto do equipo directivo, persoal docente e non docente do centro pola posta en marcha desta acción formativa específica e o apoio por parte da empresa. Así mesmo, Vega anima ao alumnado a matricularse e cursar esta ensinanza vinculada a un emprego.

lumnado a matricularse e cursar esta ensinanza vinculada a un emprego.