Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo aplaude a decisión da Xunta de recorrer ante os tribunais a prohibición de cazar lobo e estuda sumarse a estas reclamacións

O Partido Popular de Lugo aplaude o anuncio da Xunta de recorrer ante aos tribunais a prohibición de cazar o logo e estuda as posibilidades de sumarse a estas reclamacións. Así o avanza a presidenta provincial, Elena Candia, quen considera que “as decisións do Goberno central e do Partido Socialista son claramente prexudiciais para a provincia” e evidencian, engade, “a carencia total e absoluta de peso político de Concellos como o de Viveiro, deixándoos en descuberto e nunha situación incomprensible”.

 

O ministerio de Transición Ecolóxica fixa para o vindeiro sábado a data na que queda prohibida a caza deste animal en España, o que supón que, afirma a máxima dirixente dos populares lucenses, que o Executivo de Pedro Sánchez “desoe as reivindicacións do Partido Popular e as dos alcaldes socialistas da nosa provincia que nos últimos tempos parecía que rectificaban o seu posicionamento de que apoiaban as nosas iniciativas, ao rexeitar este animal como especie protexida”.

 

A Xunta recorrerá ante os tribunais a orde ministerial pola que se inclúe o lobo ibérico no Listado de especies silvestres de protección especial (Lesrpe), pedindo así que se adopten medidas cautelares de suspensión que paralicen súa eficacia ata o pronunciamento final da xustiza. “Esta é a única opción que deixa o Goberno do Estado tras publicar hoxe, por sorpresa e sen aviso previo ás comunidades máis afectadas, a orde que eleva o nivel de protección do lobo”, matiza Candia.

 

Dende o PP insisten que a orde do lobo non está xustificada porque se fundamenta unicamente en base a criterios subxectivos, non é proporcional e existen alternativas menos restritivas e tampouco suporá un incremento dos recursos mobilizados polo Estado para paliar os posibles danos da especie.