A política enerxética que leva a cabo o Goberno, presidido por Pedro Sánchez, castiga duramente a A Mariña, como xa está demostrado, castigo do que Alcoa é claro exemplo. Agora é a empresa Vestas a que vive momentos difíciles. O portavoz popular en Viveiro, Óscar Rodríguez, expresa o total apoio do seu grupo aos traballadores de Vestas.
Rodríguez destaca que, baixo ningunha circunstancia, o Goberno pode permitir a marcha dunha empresa vinculada co desenvolvemento das enerxías renovables como é Vestas. Sostén que é momento de traballar unidos para salvar esta importante firma no tecido industrial da provincia de Lugo.
O portavoz popular en Viveiro expresa o total apoio do seu grupo municipal á supervivencia de Vestas e manifesta a súa vontade de apoiar iniciativas encamiñadas a manter esta firma.