Partido Popular de Lugo

O PP de Castroverde insta ao Concello e a Deputación a cortar as pólas que nalgúns tramos das estradas municipais e provinciais causan danos nos camións ao rozar en cabinas e lonas

Os gobernos, de calquera ámbito, non poden atender ás necesidades dos administrados se as descoñecen. Seguramente, o alcalde de Castroverde e o presidente da Deputación, os dous do PSOE, están tan ocupados na atención dos problemas dentro do seu partido, que non teñen tempo nin ocasión de coñecer o que pasa no seu territorio. Só así se pode entender, di o portavoz popular en Castroverde, Rubén Otero, que descoñezan que os transportistas, as empresas que teñen camións, afrontan moitos problemas por culpa de que nin o alcalde, José María Arias, nin o presidente da Deputación, José Tomé, son conscientes de que hai moitos tramos nas estradas municipais e provincias nos que as pólas que voan sobre as calzadas provocan danos nos vehículos pesados e risco para a súa seguridade. Por elo, Otero insta ao alcalde a adoptar medidas para que sexan cortadas as ramas alí onde é necesario, e a que xestione con Tomé que adopte medidas similares nas vías da Deputación, medidas que reclaman os titulares de vehículos pesados no municipio.

 

O portavoz popular en Castroverde explica: “En Castroverde hai moitos camións, entre outras cousas porque hai empresas que teñen frotas de certa importancia, e a maiores, claro, hai a circulación de camións de fóra do municipio. As ramas que voan sobre as estradas, a baixa altura, non afectan aos turismos, pero si e moito aos vehículos pesados”.

 

Otero engade: “Ao rozar coas cabinas ou coas lonas dos remolques producen danos. É moi desagradable e nada barato ter que sacar unha lona raxada por unha rama e ter que levala a coser”.

 

O mesmo representante popular explica: “Cando esas ramas caen sobre a calzada, ben porque secaron, ben polo roce cos camións, constitúen un perigo para todo o tráfico”.

 

Os populares de Castroverde esperan que o alcalde tome nota e faga as xestións oportunas para intervir nos tramos nos que sexa necesario das estradas municipais e para animar a Tomé a facer o mesmo nas provinciais.