Partido Popular de Lugo

O PP reclama ao goberno de Castroverde o deseño e execución dun plan de mellora das pistas e camiños municipais

A calidade das vías de comunicación é fundamental para permitir o desenvolvemento económico dos pobos. Os concellos teñen a súa propia rede de vías, asfaltadas ou non. No municipio de Castroverde, segundo sinala o portavoz popular, Rubén Otero, moitas das pistas e camiños que dependen do Concello requiren melloras e, por elo, os populares demandan do goberno local a elaboración e execución dun plan de acondicionamento destas vías.

 

O portavoz popular, Rubén Otero, di que son continuas as queixas dos veciños polo deficiente estado das pistas municipais. “É necesario mellorar os firmes, porque moitas delas están cheas de fochancas, que fan moi difícil circular por elas nalgúns puntos, e, dende logo, moi incómodo”.

 

O portavoz popular considera que en moitos casos “é necesario adaptar estas vías municipais ás características actuais da maquinaria agrícola e dos vehículos de transporte de mercancías”. Explica que só desta maneira a duración dos firmes será máis larga e mellorará a seguridade dos usuarios.

 

Otero indica que un aspecto que é necesario mellorar nas vías que dependen do Concello é a sinalización, tanto vertical como horizontal.