Elena Candia asiste á presentación do Argueiro dos Ancares que tivo lugar este sábado, 4 de setembro, no Concello de Navia de Suarna.
O Argueiro dos Ancares trátase dun portal creado nas redes sociais de Facebook e Instagram para visibilizar a parte máis descoñecida da comarca dos Ancares: a xente que mantén vivo o territorio. O seu obxectivo é mostrar unha visión realista do rural dos Ancares. A través de entrevistas persoais constrúense relatos da historia de varias persoas que poden resultar inspiradoras para o conxunto da sociedade.
“Este proxecto e súa impulsora, Lucía Rodríguez, captaron a nosa atención polo seu compromiso co rural e pola xenerosidade de reverter o seu coñecemento en poñer en valor o territorio”, manifesta a presidenta provincial do PP de Lugo.
“É preciso destacar a importancia da montaña lucense e o fundamental que é que a xente moza reverta o talento na posta en valor do noso”, finaliza Candia.