Partido Popular de Lugo

O senadores populares instan ao Goberno central a aclarar dunha vez que ten pensado facer para liquidar as carencia nas comunicacións ferroviarias que afectan á provincia de Lugo

A carencias ferroviarias da provincia de Lugo son moitas, tanto en canto a infraestruturas como a servizos. O PP, desde todos os ámbitos institucionais, defende iniciativas para corrixir esa situación. Os senadores populares por Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela, piden agora explicacións ao Goberno presidido por Pedro Sánchez para coñecer se ten planes, e de telos cales son, para acabar coas carencias de comunicación ferroviaria que padece a provincia de Lugo. Lembran que aínda non foron repostos algúns dos servizos suprimidos por causa da pandemia o que pode provocar unha folga.

 

Os senadores populares por Lugo din que as decisións da operadora ferroviaria pública Renfe impiden prestar o servizo aos usuarios do tren con normalidade. Sinalan: “Esta afirmación, que desde o Partido Popular levamos meses repetindo, é agora compartida polo sindicato de maquinistas Semaf. De feito, os maquinistas de Renfe están no paso previo á folga, dado o caos no que se atopa a compañía, e un dos motivos é a non reposición dos trens suprimidos durante o confinamento, hai máis de 15 meses. A día de hoxe, en Galicia os trens de media distancia convencional continúan funcionando unicamente ao 65%, deixando sen conexións eficientes a capitais de provincia como a de Lugo”.

 

Barreiro, Arza e Varela lembran que, “no caso de Lugo, desmanteláronse os trens nocturnos con destino a Barcelona e a Madrid e o servizo diúrno ao País Vasco; igualmente, coa escusa da pandemia desapareceu a ligazón Lugo-A Coruña e A Coruña-Lugo co tren procedente de Madrid”.

 

Os mesmo senadores populares queren saber por que o Goberno central non restableceu as liñas ferroviarias canceladas durante o confinamento. Igualmente, interésanse por coñecer “como valora o Goberno central que o sindicato de maquinistas Semaf estea a un paso da folga”.

 

Os populares pregunta como xustifica o Goberno central a non reposición das liñas ferroviarias suprimidas, tendo en conta que a demanda é cada vez maior e os traballadores de Renfe denuncian aglomeracións nos trens que si se atopan operativos. En síntese, os senadores lucenses queren saber que ten pensado facer o Goberno central para liquidar as carencias nas comunicacións ferroviarias que afectan á provincia de Lugo.

 

Os senadores teñen presentada outra iniciativa sobre a recuperación dos trens de longa distancia que antes da pandemia comunicaban Galicia con Cataluña, País Vasco e Madrid. O establecemento de servizos suficientes e de calidade “é unha necesidade que non só viñemos reivindicando os veciños e o Partido Popular, senón que tamén o comité de empresa de Renfe en Lugo reclamou durante este mes de xullo a intensificación da conectividade con Madrid, ademais de recuperar os trens perdidos co País Vasco e Cataluña”