Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte cualifica de chapuza a reparación da fuga de auga en San Pedro e reclama a mellora do pavimento e o pintado da sinalización horizontal

O alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, gusta moito de saír na foto ao pe das obras municipais, pero, á vista dos resultados, parece ter pouco interese en asegurarse de que o control dos traballos nas rúas monfortinas resulte tan eficaz como é desexable. Así o indica a portavoz popular, Katy Varela, que cita un par de exemplos para que se vexa con claridade o porque da crítica ao deficiente control da execución dalgunhas obras municipais que cualifica de chapuzas.

Varela sinala que na rúa San Pedro houbo  o pasado 27 de maio unha avaría na rede de distribución de auga. Para acceder á canalización e facer a corresponde reparación, foi preciso romper o pavimento da rúa. A reparación do pavimento foi moi chapuceira e a calzada quedou moi mal.

Sigue explicando a portavoz popular: “Ao facer a reparación, no repintaron os sinais horizontais, o que é especialmente grave porque esta carencia afecta de cheo a un paso de peóns. Pasaron xa tres meses da reparación e está totalmente claro que a obra foi una verdadeira chapuza, polo menos no que se refire a reparación do firme e a reposición da pintura”. Engade: “A chapuza é especialmente grave, porque por esta rúa saen os vehículos da estación de autobuses e alí está ubicado tamén o centro de vacinación e de información sobre as vacinas”.

 

Por outro lado, Katy Varela indica que “a rúa Concepción Arenal, que está na zona da estación de Renfe e moi próxima a Rúa San Pedro, hai dous meses que foi motivo de obras de mellora do pavimento e pasadas as semanas, a vía segue sen ter sinalización horizontal”. Engade: “Debido a elo, son numerosos os problemas que ten o tráfico nesta rúa, e moi especialmente en todo o relacionado co estacionamento”. Os populares xa levaron a pleno unha iniciativa porque “os camións que traballaban nesta rúa mancharon o pavimento da praza da Estación e aínda non o limparon; cando vai calor, ao pasar os peóns sobre esas zonas manchadas notan como se lles pegan os zapatos ao pavimento. O alcalde dixo que esas manchas desaparecerían en canto chovera, pero seguen alí”.

 

Varela declara: “É lamentable que o alcalde non dea as instrucións oportunas para que se leve a cabo una limpeza a fondo do pavimento da praza, para eliminar esas incómodas manchas”.

 

En resumo, o goberno municipal de Monforte, “moito presumir de facer obras, pero o certo e que non parece que haxa un control moi intenso sobre como acaban e así temos unha chapuza detrás doutra nas rúas da cidade”.